Saltar ao contido

Kenn Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKenn Navarro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Manila, Filipinas Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada, director de televisión, director de videoxogos, animador, actor de dobraxe, escritor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1487668 Musicbrainz: 41ecd87f-a4f3-49d0-9ef7-636ed80e4357 Editar o valor en Wikidata

Kenn Navarro, nado en 1979 en Manila, é un animador filipino nacionalizado estadounidense, coñecido por ser o director de animación da serie flash Happy Tree Friends.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1995 incribiuse nun curso de animación da San Francisco State University, pese a que nun primeiro momento se matriculara nun curso de artes especializado en deseño gráfico.

En 1998 entrou a traballar na empresa Mondo Mini Shows, máis coñecida coma Mondo Media, que se estaba reconvertendo dunha produtora de xogos de animación a un estudio totalmente preparado para a creación e distribución de contido en rede. Comezou participando en diversos proxectos de xogos e pasou despois a deseños animados para Internet, como The God & Devil Show, Thugs on Film ou Like News

Pouco despois asociouse con Rhode Montijo e Aubrey Ankrum para crear un debuxo animado que chegou a ser moi popular en Internet, Happy Tree Friends, que debutou no ano 2000. A canle de televisión G4 adquiriu os dereitos de retransmisión por televisión.

Ademais da elaboración da animación Kenn fai as voces de varios personaxes da serie (Cuddles, Lifty & Shifty e Flippy).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]